gl:proyectos:oshwi_broches_diy
Táboa de Contidos
OshwiPin: BROCHES DIY
Creación de broches có deseño da mascota da OSHWDem (o pulpo OSHWi), confecionado con feltro, LEDs e fío condutivo, durante a OSHWDem de 2019.
A idea é mostrar unha iniciación ós e-textiles e nocións básicas de circuitos blandos (soft cirtuits) para calquera persoa con moitas ou poucas nocións de electrónica.
Proporcionaremos un kit de materiais con todo o necesario para a súa confeción, e os voluntarios de BricoLabs axudarán a realizalos, para que todos os participantes poidan levalos feitos.
De paso, axudaremos á difusión entre o público da imaxen da OSHWDem e á promoción das tecnoloxías abertas entre a poboación.
Estamos no Twitter: https://twitter.com/OshwiPin
Contido do kit
- Feltro branco peza ollos.
- Feltro azul peza corpo.
- Feltro negro peza pupila.
- Feltro bolsa pila.
- Imperdible con furados.
- Fío condutor.
- LEDs.
- Broches de presión.
- Pila botón (CR2032 3V).
- Bolsa para o kit.
- Instrucións.
Outros materiais necesarios
- Tesoiras.
- Agullas de ollo grande.
- Dedais.
- Enfíador.
- Abre costuras.
- Alicates punta redonda.
- LEDs extra.
- Fío condutor (bobina).
- Fío normal azul/turquesa.
- Alfileres e alfileteiro.
Realización
- Ensamblaxe das pezas.
- Cosido do imperdible.
- Cosido do circuito eléctrico.
- Insertar a pila de botón.
- Podedes ver as instruccións completas aquí: https://drive.google.com/file/d/1eKU-_x3IHW4kEu6yJ9l714XVZTiS6Y1z/view?usp=sharing
Trucos sobre a costura có fío condutor
- Cortar o fío condutor en cachos pequenos, porque en largos enrédase máis, entre outros problemas (enredos, desfaise a torsión do fío, etc…) e ademáis, lembro as enseñanzas de miña nai: “Enfiada longa, costureira cativa”.
- Usade dedal: “Costureira sin dedal, cose pouco e cose mal”. Gracias por conservarme as xemas dos dedos mamá!.
- Agulla con ollo grande (porque o fío condutor é máis groso que os de coser tecidos), pero non demasiado, porque sino non entra polos furados dos broches.
- E agulla con punta fina (porque as de punta redonda, como soen ser as de ollo grande, non pinchan ben no tecido e dificultan facer as puntadas).
- En tecidos grosos como o feltro, para que non se vexa a puntada polo dereito da labor, o mellor é coser polo revés e pinchar só ata a mitade do tecido, así queda un traballo máis limpo polo dereito.
Membros do equipo
- Conchi Fernández Munín, coordinadora. https://twitter.com/cfdezmunin
- Daniel Rivera Domínguez.
- Raquel Pérez Fuentes. https://twitter.com/droid_project
- Loli Blanco Cotelo. https://twitter.com/LoliBlancoC
- Xosé Pérez López. https://twitter.com/XosePerezK
- Maite Rodríguez González.
- Rosa Arcas González. https://twitter.com/Rosa25575879
- Jordi Rodríguez Crespo. https://twitter.com/Jordi_R_C
- Loly López Pena. https://twitter.com/lolyp
Agradecimentos
- Un agradecimento especial a Xoan Sampaíño polas súas solucións: https://twitter.com/xoan
- Gracias a Conchita, traductora ó inglés: https://twitter.com/conchifm
- E outro enorme gracias para todos os makers e o resto de persoas que se acercaron a coser un OshwiPin con nós na OSHWDem 2019 (https://oshwdem.org/makers-2019/). Querémosvos!
- Por suposto, esto non sería posible sin a colaboración e o patrocinio da nosa alma máter, BricoLabs (https://bricolabs.cc/), e os membros da organización da OSHWDem 2019.
Medios
gl/proyectos/oshwi_broches_diy.txt · Última modificación: 2024/06/17 07:13 por 127.0.0.1

