gl:organizacion:orden
Táboa de Contidos
Manteña o caos controlado
Este artigo ten como obxectivo reducir a entropía da situación espacial dos obxectos na sala makerDomus e os talleres dentro dela.
Normas Xerais
- A sala makerDomus é de tod@s. Iso é, tod@s a podemos disfrutar e tod@s somos responsables da súa orde, limpeza e seguridade.
- Non é un depósito de obxectos que non collen na casa.
- Se ves que alguén non cumple con estas normas, avísalle. Igual non as coñece.
- Calquera obxecto, elemento, compoñente e, en xeral, cousa que non teña nome e data e non estea nunha caixa etiquetada, pode ser disposto pola asociación para o seu uso ou desbote.
Estantería Principal
Esta estantería é o lugar onde, agás excepcións, deberá estar todo o material dos socios. Ten estantes con materiais de uso común para os asociados, zona para as cousas dos socios e zona reservada para material da asociación que non debe ser collido sen autorización.
Zona de materiais comúns
- O material desta zona pode ser usado polos socios para os seus proxectos.
- Todo o material, agás cando o tamaño o impida, deberá estar en caixas. Se a caixa se queda pequena, busca unha máis grande.
- Como norma xeral, se levas algo, tenta repoñelo ou, se tes algunha outra cousa que poida ser de interese, traena.
Zona de socios
- Cada socio ou socia poderá dispoñer dunha caixa para almacenar as súas cousas.
- Para dispoñer de espazo extra, deberá escribir un correo á lista explicando que quere almacenar e o espazo que precisa.
- Tanto as caixas como o material que estea fóra destas, deberá ter nome e data.
- As caixas que teñan unha data con 6 meses de antigüedade, previo aviso ao socio mediante correo electrónico, poderán ser baleiradas e o material posto a disposición da asociación.
- Todo o material que teña unha data con máis de 3 meses de antigüedade, poderá ser posto a disposición de calquera asociado no “recuncho de desbote”.
- Para renovar unha data, abonda con riscar a última e actualizala.
Zona de proxectos de Bricolabs
- Nesta zona situaranse proxectos rematados propiedade da asociación.
- Os asociados poderán acceder a eles, facéndose responsables do seu mantemento.
- Deberán estar sempre dispoñibles e presentables para os días de portas abertas.
Zona de talleres e materiais da asociación
- Deberase contar con autorización dun membro da Xunta Xestora ou responsable de obradoiro para dispoñer deste material.
- O material desta zona é para desenvolver talleres ou para as distintas actividades de Bricolabs.
- Todo o material está en caixas etiquetadas e inventariado, é IMPRESCINDIBLE que siga así sempre.
- Podes consultar o inventario no Drive da asociación, na ruta “Asociación > Material > Inventario”.
- Se es responsable dun obradoiro, saberás qué facer co material, isto é, telo controlado para novas edicións.
- Se non tes autorización non collas nada, non toques nada. Cortamos deditos.
gl/organizacion/orden.txt · Última modificación: 2024/06/17 07:13 por 127.0.0.1

