gl:organizacion:orden
Esta é unha revisión antiga do documento!
Táboa de Contidos
BORRADOR
Manteña o caos controlado
Este artigo ten como obxectivo reducir a entropía da situación espacial dos obxectos na sala makerDomus e os talleres dentro dela.
Normas Xerais
- A sala makerDomus é de tod@s. Iso é, tod@s a podemos disfrutar e tod@s somos responsables da súa orde, limpeza e seguridade.
- Non é un depósito de obxectos que non collen na casa.
- Se ves que alguén non cumple con estas normas, avísalle. Igual non as coñece.
Estantería Principal
Esta estantería é o lugar onde, agás excepcións, deberá estar todo o material dos socios. Ten estantes con materiais de uso común para os asociados, zona para as cousas dos socios e zona reservada para material da asociación que non debe ser collido sen autorización.
Zona de materiais comúns
- O material desta zona pode ser usado polos socios para os seus proxectos.
- Todo o material, agás cando o tamaño o impida, deberá estar en caixas. Se a caixa se queda pequena, busca unha máis grande.
- Como norma xeral, se levas algo, tenta repoñelo ou, se tes algunha outra cousa que poida ser de interese, traena.
Zona de socios
- Cada socio ou socia poderá dispoñer dunha caixa para almacenar as súas cousas.
- Para dispoñer de espazo extra, deberá escribir un correo á lista explicando que quere almacenar e o espazo que precisa.
- Tanto as caixas como o material que estea fóra destas, deberá ter nome e data.
- As caixas que teñan unha data con 6 meses de antigüedade, previo aviso ao socio mediante correo electrónico, poderán ser baleiradas e o material posto a disposición da asociación.
- Todo o material que teña unha data con máis de 3 meses de antigüedade, poderá ser posto a disposición de calquera asociado no “recuncho de desbote”.
- Para renovar unha data, abonda con riscar a última e actualizala.
Zona de proxectos de Bricolabs
- Nesta zona situaranse proxectos rematados propiedade da asociación.
- Os asociados poderán acceder a eles, facéndose responsables do seu mantemento.
- Deberán estar sempre dispoñibles e presentables para os días de portas abertas.
Zona de talleres e materiai da asociación
- O material desta zona é para desenvolver talleres ou para as distintas actividades de Bricolabs.
- Deberase contar con autorización dun membro de confianza para dispoñer deste material.
Zona de materiais para obradoiros de Bricolabs
- Se eres responsable dun obradoiro, saberás qué facer co material, isto é, telo controlado para novas edición.
- Se non eres responsable dun obradoiro non collas nada, non toques nada. Cortamos deditos
Cousas que queremos ter
Lista de cousas que poden ter interese para Bricolabs, esta lista é cambiante. Se tes algo na casa que non encaixa no que aparece nesta lista, o máis seguro é que sexa mellor que non o traias.
gl/organizacion/orden.1537547176.txt.gz · Última modificación: 2024/06/17 07:12 (edición externa)

